Sin dúbida unha das preparacións de bacallau que máis me gusta é preparado a grella, coa súa cebola picada e o aliño de aceite e vinagre.
Bacallau a grella
Ingredientes:
1 trozo de bacallau por persoa
1 cebola
aceite de oliva
vinagre
Para acompañar:
1 pataca mediana por persoa
pimento vermello
cebola
aceite de oliva
Preparación:
Importante facer unhas boas brasas, neste caso con ramas de vide e carozos de millo.
Untar ben bacallau con aceite de oliva.
Cando as brasas esten listas poñemos o bacallau a asar, dandolle a volta para que se faga polos dous lados, o punto de asado é ao gusto do comensal
Para acompañar facemos unhas patacas ao pobre: poñeemos a quentar unha tixola con abundante aceite de oliva.
Cando este quente engdimos as patacas cortadas en rodaxas finas, a cebola picada e o pimento vermello cortado en tiras.
Fritimos ben e cando esten listas as sacamos a un prato que poñemos inclinado para que escurran ben o aceite que poidan ter.
Cando o bacallau este asado o empratamos, e por riba lle poñemos cebola cortada, un chorriño de aceite de oliva e unhas gotas de vinagre.
Acompañamos con as patacas ao pobre e listo para degustar.
Un autentico manxar.
Ola: estou aqui para conñocer o teu blog e ver cousas ricas, o primeiro pedirche desculpas porque eu son andaluza de pai galego e non falo demasiado ben esta bonita lingua.
ResponderEliminarMe encanta o teu blog, as túas receitas e sobre todo a túa cociña autoctona, asi que quedo e te sigo e te invito a que visites o mio.
tremendita-tremendita.blogspot.com
Besitos